Teatro “Cometa, cometa”

Publicado: Luns 7 Xullo 2014
Area: Eventos

O vindeiro venres, 11 de Xullo ás 21:00h, a Escola Municipal de Teatro de Vilalba  presenta”Cometa,  cometa”,  unha obra escrita polo naronés José Luis Prieto, gañador de dous premios Max de  teatro. “Cometa, cometa” é  unha comedia de xénero absurdo, un pequeno universo, precioso e perfecto na súa  particularidade, ata que se ve ameazado, entón todo comeza a mudar.
Lembra este venres no auditorio Carmen Estévez con entrada de balde.