Teatro “Cambiou o Conto”

Publicado: Mércores 24 Xuño 2015
Area: Cultura

CAMBIOU O CONTO CARA 1O Xoves, 25 de Xuño ás 20:30h, os grupos xuvenís da Escola Municipal de Teatro de Vilalba presentan “Cambiou o conto…”, unha escolma de pequenas pezas de varios autores. Unha nova ollada sobre algunhas historias coñecidas. Teremos bruxiñas caprichosas, odiseos, Brancaneves rockeiras, torneos medievais ou chaves que abren todas as portas, entre outros.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez.

Entrada de balde.