Tango

Publicado: Luns 24 Setembro 2012
Area: Cultura Eventos

O Quinteto Noso Tempo, un dos conxuntos máis prestixiosos da escena tanguera, chegará ao auditorio Carmen Estévez de Vilalba o próximo domingo 7 de outubro, presentando a súa xira Tango: “Bailable e Apiazzollado” un espectáculo de música e danza que fai un percorrido pola obra do gran mestre do xénero, Astor Piazzolla.

O concerto contará tamén coa especial participación dos bailarins e coreógrafos Leonardo Mosqueda e Carina Lucca.

O espectáculo dará comezo ás 18.30h. As entradas, a un único prezo de 10 euros, pódense adquirir anticipadamente, na Oficina de Cultura de 9h a 15h e na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, e no auditorio o mesmo día do concerto.