TACÓNS NA CORDA

Publicado: Luns 22 Febreiro 2016
Area: Muller

CARTEL_TACÓNS_NA_CORDACo gallo do Día Internacional das Mulleres, o vindeiro 10 de marzo ás 20:30 h, no AUDITORIO MUNICIPAL, terá lugar a representación da obra teatral TACÓNS NA CORDA, da compañía VERDEVERÁS EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS, que pretende afondar e reflexionar sobre os estereotipos de xénero.

SINOPSE: Un músico na rúa (Tato López, cantautor) comparte un dos seus xogos favoritos: imaxinar as historias da xente que pasa por diante del cada día. Así, mentres toca a guitarra e canta as súas cancións, observa e pensa que será da vida de cada unha…Pero, se algo aprendeu desta experiencia é que, polo xeral, nada é o que parece. Como mostra deste descubrimento e entrelazadas coas súas cancións, aparecerán “Maruxa”, “La Otra” e “Chacha” (María Ángeles Iglesias). Porque detrás de calquera persoa pode esconderse unha grande historia…

A entrada é gratuíta.