SOLO VOCES

Publicado: Sábado 19 Febreiro 2011
Area: Cultura Eventos

Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e desde a súa Área de Cultura preséntasenos o proxecto Dous séculos de música lucense. Un proxecto que recupera o patrimonio musical lucense, de autores moi significativos, como Montes ou Veiga e de autores non tan coñecidos como Moreno Fuentes ou García Julve. O grupo “Sólo Voces” aceptou, con éxito, o reto de dar a coñecer a obra coral destes autores.

Con este motivo teremos o vindeiro sábado 19 de febreiro ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez  o concerto  “Sólo Voces” no que se ofrecen pezas corais a capella, pezas con acompañamento de piano e pezas de carácter lírico coa colaboración dunha soprano e o pianista Aurelio Chao.

Entrada de balde.

PROGRAMA SÓLO VOCES