SEGUNDO PRAZO INSCRICION ESCOLAS DEPORTIVAS

Publicado: Venres 15 Xaneiro 2016
Area: Deportes

CARTEL ESCOLAS DEPORTIVAS WEBDende o vindeiro luns 18 de xaneiro e ata o venres 29 do mesmo mes, abrirase un novo prazo de inscrición nas escolas deportivas. A tasa será a metade con respeto ao inicio do curso e os alumnos que se inscriban durante este segundo prazo, poderán comezar a participar nas escolas a partir do 1 de febreiro.

Tamén durante este mesmo período, os alumnos/as inscritos a comezo de curso, poden solicitar a baixa na escola deportiva na que estén inscritos se así o desexan.

Tanto as novas inscricións como as baixas, poderanse formalizar na oficina de deportes do Concello de Vilalba no 2º andar en horario de 9:00 a 13:30.

Tríptico de inscripción