ROEDORES

Publicado: Luns 22 Febreiro 2016
Area: Muller

10635715_689461914478091_4389104302622828475_nO vindeiro 8 de marzo ás 11:30 h, no AUDITORIO MUNICIPAL, terá lugar a representación da obra ROEDORES, da compañía REDRUM TEATRO.

Trátase dunha fábula dramatizada con música en directo, que trata de concienciar nos valores de fomento da igualdade a través das aventuras das súas personaxes, o hamster Peludiño e a rata Munda, interpretados por Guillermo Carbajo e Laura Míguez.

Esta obra foi nomeada nos Premios de Teatro María Casares nas categorías de mellor Espectáculo Infantil e Mellor Actriz Protagonista.

A actividade está dirixida a alumnado dos Centros Educativos de Primaria do Concello de Vilalba.