Roberto Vilar ” A Cabeza non Para”

Publicado: Luns 18 Marzo 2013
Area: Cultura Eventos

ROBERTO VILAR, XIRA POR 11 TEATROS GALEGOS CO SHOW “A CABEZA NON PARA” Roberto Vilar celebra os seus 20 anos de carreira profesional cunha xira de humor por toda Galicia

O humorista e presentador de televisión ROBERTO VILAR (Os Tonechos, Land Rober), presenta o show “A cabeza non para”, un espectáculo de 90 minutos de sketches interpretados polas súas persoaxes máis coñecidas onde non faltará o popular “Felipe II”, de Histerias de Hospital. Contará tamén coa colaboración de Manolito el Pescador “Fisherman” , Roberto Gómez e Juan Ramón  quenes tamén participaron como actores de reparto en LandRober.

A CABEZA NON PARA, pretende ser un show de gran formato, con cambios continuos de situación, e un ritmo e dinamismo nunca antes visto nun teatro galego no que calquera pode ser protagonista.

FUNCIÓN: Domingo  7 de Abril ás 19.00h .

VENDA DE ENTRADAS

 As entradas xa están a venda a un prezo único de 18€, e  podénse adquirir: na Oficina de Cultura de 10h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, www. servinova.com ,  e no auditorio o mesmo día da actuación

O espectáculo  recomendado para maiores de 16 anos.