Recital Solidario Mans Unidas

Publicado: Luns 31 Xaneiro 2011
Area: Cultura Eventos

O vindeiro sábado 12 de febreiro no auditorio Carmnen Estévez, ás 20.30h teremos o “Recital solidario de Mans Unidas” para o financiamento dunha traída de auga por gravidade en Mangalanyene (Iringa_Tanzania).

Recital dirixido e presentado por María Xosé Lamas e no que participan:

Pepe Penabade, actor de TVG e monologuista

Anabel Xesteira, soprano

Marica Campo, escritora

Néstor Xesús G. Lamas

Alba Sofía Naseiro , ao piano

O prezo da entrada solidaria é de 5€.