Que bela te deu Deus! Balada galega

Publicado: Martes 9 Decembro 2014
Area: Cultura Eventos

A soprano Esperanza Iglesias Méndez e o pianista Aurelio Chao Fernández, serán os encargados de revivir os fermosos versos de Rosalía de Castro o vindeiro martes 9 de decembro ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez de Vilalba, con entrada de balde.

O repertorio contará cos seguintes temas a interpretar: Oito cançoes sobre poemas de Rosalía de Juan A. Moreno Fuentes e Seis baladas galegas de Joao Montes.