PROGRAMA DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR

Publicado: Xoves 12 Xaneiro 2017
Area: Benestar Social

PROGRAMA DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR

Subvencionado pola consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.

Está dirixido á inclusión social dos menores, e o seu obxectivo principal é promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas.

Dividido en dous programas:

APOIO E SEGUIMENTO ESCOLAR DOS MENORES

OBXECTIVO XERAL:

  • Escolarización de todos os menores, dende os 3 anos (xa que a escolarización en infantil permite obter mellores resultados posteriores, mitigando incluso a influencia dun entorno socioeconómico desfavorable) ata a obtención do Graduado en Educación Secundaria, como mínimo, motivando aos mozos e mozas a continuar a súa formación elixindo aquelas profesións que teñan máis demanda e non as relacionadas tradicionalmente cun ou outro xénero.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Implicación dos pais e nais nas tarefas escolares dos seus fillos/as, sobre todo dos pais, xa que é unha labor asumida tradicionalmente polas nais.

  • Seguimento das pautas indicadas polo profesorado dos centros educativos respecto aos fillos/as.

  • Adquisición de hábitos e técnicas de estudio que permitan ao alumnado aumentar o seu rendemento académico.

  • Apoio escolar nos casos que se estime necesario.

  • Conseguir a reincorporación daqueles menores que abandonaron o sistema educativo sen acadar un título escolar, proporcionándolles asesoramento e orientación para a súa formación, motivándolles a elixir segundo os seus intereses, non segundo as profesións tradicionalmente consideradas dun ou outro xénero.

  • Promover un cambio de actitudes potenciando as relacións das familias cos colexios, e a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos e fillas, sobre todo dos pais.

  • Proporcionar ós pais e ás nais pautas para motivar ós seus fillos e fillas a acadar un título académico acorde aos seus intereses e motivacións, sen distinción de apoio segundo o seu xénero.

ADESTRAMENTO E MODELAXE EN HABILIDADES PARENTAIS

OBXECTIVO XERAL:

  • Promover a adquisición por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas, implicando especialmente aos pais na educación dos seus fillos/as, xa que esta tarefa é considerada tradicionalmente, responsabilidade das nais.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Coñecer as características evolutivas dos/das menores ao seu cargo.

  • Comprender a importancia da escoita activa e da comunicación empática na relación cos seus fillos e fillas e como inflúe no control dos impulsos.

  • Coñecer a importancia de satisfacer as necesidades afectivas, educativas e materiais dos seus fillos/fillas.

  • Utilizar estratexias de resolución de problemas e negociación.

  • Utilizar a disciplina para fomentar a autorregulación do comportamento nos seus fillos/fillas: límites construtivos, normas e consecuencias.

  • Aplicar a mesmas normas e disciplina sen ter en consideración o xénero dos e das menores.