Programa ÁgoraXove-ÁgoraRural. Vilalba, 4 de marzo de 2016

Publicado: Luns 29 Febreiro 2016
Area:

INSCRIBETE E PARTICIPA !!

A ClogoXUVENTUDEonsellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza unha xornada sobre a Xuventude e o Rural o vindeiro 4 de marzo en Vilalba. As actividades pretenden ofrecer un espazo de encontro para a mocidade da Terra Cha e toda a provincia de Lugo poñendo en valor as posibilidades de presente e futuro do rural para a mocidade desde a esfera educativa, empresarial, política e financeira.

Do mesmo xeito, a xornada pretende poñer en valor experiencias innovadoras que se están a levar a cabo no rural por mozos emprendedores e ofrecer dende unha perspectiva lúdica a aprendizaxe non formal que se adquire no rural.

A destacar a participación do Catedrático de Física da Universidade de Santiago, Jorge Mira que fará unha reflexión en clave biográfica da pegada do rural na súa carreira profesional.

A ÁgoraXove – Vilalba enmárcase nun programa da Consellería de Política Social, orientado á creación de espazos que faciliten a participación dos mozos galegos na vida social, económica e cultural da nosa Comunidade Autónoma; a través da celebración de 12 foros en distintos puntos da nosa xeografía que fomenten e consoliden o protagonismo dos mozos na súa contorna.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
15:30 RECEPCIÓN de participantes – acreditación
16:00 INAUGURACIÓN da ÁgoraXove:
-Gerardo Criado Guizán – Alcalde de Vilalba
-Cecilia Vázquez – Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
16:30 MESA REDONDA – “Un rural para os mozos e mozas, retos e oportunidades para o presente e futuro”
ESFERA EMPRESARIAL – Juan Manuel López Labrada – Presidente de AJE Lugo
ESFERA EDUCATIVA – Luis García Fernández – Director Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco.
ESFERA FINANCEIRA – Ana Outón González – Subdirectora Triodos Bank Noroéste – banca ética
17:30 JORGE MIRA Catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela –REFLEXIÓN EN CLAVE BIOGRÁFICA DA PEGADA DO RURAL NA SÚA CARREIRA PROFESIONAL.
18:15 PAUSA CAFÉ
18:45 MONÓLOGO – Pedro Brandariz – A educación non formal no rural, en clave humor.
19:15 XUVENTUDE CON ÉXITO DESDE O RURAL DE GALICIA
-Modesto Toubes – Queixería Casleiras – innovación empresarial – Vilalba
-Simón Cabarcos – Blindaxe Sport – innovación empresarial – As Pontes
-Daniel Vega – Acruga – innovación sector primario – Ribadeo
-Silvia Basanta – Garabullos – innovación social – Cospeito
-Andrés Goteira e Jesús López – Gaita films – innovación cultural – Meira
-Xulio Rodríguez – Labregos de Lugo – innovación sector primario – Riotorto
20:15 CLAUSURA – FIN XORNADA

PERFIL PARTICIPANTES
-Mozos e mozas maiores menores de 30 anos.
-Membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
-Técnicos/as de xuventude e emprego.
-Responsables de políticas de xuventude.
-Ex participantes nos programas da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
-Líderes ou monitores de xuventude.
-Emprendedores.
-Desempregados/as menores de 30 anos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Área de asesoramento – asociacionismo e participación
Área informativa programas Dirección Xeral de Xuventude 2016:
-Iniciativa Xove
-Voluntariado Xuvenil
-Galeuropa
-Deseñando o teu futuro
-Xuventude Crea
-Correspondentes Xuvenís 3.0
-Erasmus Plus
FORMULARIO DE INSCRICIÓN