Presentación dos Poemarios, SILENCIO PERCUTIDO e SOÑO E VÉRTICE

Publicado: Venres 2 Xuño 2017
Area: Cultura Eventos

O vindeiro xoves 8 de xuño ás 20h., organizado polas Concellarías de Cultura e Educación do Concello de Vilalba e Culturalia GZ, levarase a cabo na Casa da Cultura de Vilalba o acto de presentación dos poemarios SOÑO E VÉRTICE e SILENCIO PERCUTIDO de Eva Veiga . Acompañarán á autora, o escritor Martiño Maseda, o tamén escritor e poeta Francisco X. Fernández Naval e Patricia Teijeiro, concelleira de Educación.

Lembrar que estamos a falar dunha poeta que recentemente foi galardoada co Premio da Crítica 2016 en galego  polo poemario SOÑO E VÉRTICE.

Dita presentación incluirá un recital poético a cargo do Grupo OURIOL, integrado por Eva Veiga (Voz) e Bernardo Martínez e Fito Ares (Música).

Animádevos e acudide!