PREMIOS “Axudas a deportistas destacados 2016/2017”

Publicado: Mércores 8 Novembro 2017
Area: Deportes Eventos

O obxecto destas bases é regular os premios que concede o Servizo municipal de deportes do Concello de Vilalba coa finalidade de apoiar, motivar e incentivar o/a/os/as deportistas que obtiveran resultados deportivos destacados no ano 2016/2017. Ademáis mediante a súa participación en diferentes campionatos e torneos, promocionan o nome do noso municipio. Para poder ser beneficiario destas axudas, os solicitantes deberán cumprir, a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

a) Estar empadronado/a no Concello de Vilalba, con anterioridade de polo menos un ano, da consecución do mérito alegado e durante o mesmo.

b) Ter licencia federativa en vigor para o ano ou tempada que se solicita a axuda.

c) Conseguir os méritos entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017.

As solicitudes presentaranse no rexistro de entrada ou na oficina de deportes do Concello de Vilalba e formalizaranse según o modelo de solicitude que figura no anexo I. O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 24 de Novembro do 2017 (14:00 horas).

Acheganse as bases dos premios

Bases_axudas_deportistas_destacados_firmadas_17