PREMIADOS do XXXVIII Certame Literario

Publicado: Venres 24 Agosto 2012
Area: Cultura

PREMIADOS do XXXVIII Certame Literario

Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, faise público os premiados no XXXVIII Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba 2012.

PRIMEIRO PREMIO, dotado con 3000 euros, flor natural e diploma, para o poemario “QUENDA DA CATIVIDADE”, presentado baixo o lema ANAEL, por XOÁN XOSÉ PIÑEIRO COCHÓN de Santiago de Compostela.

SEGUNDO PREMIO, dotado con 1000 euros, flor natural e diploma, para o poemario, “NENIAS CHAIREGAS”, presentado baixo este mesmo lema por XOSÉ OTERO CANTO, de Lugo.