Premiados do XXXVI Certame do Concello de Vilalba

Publicado: Mércores 25 Agosto 2010
Area: Cultura

PREMIADOS DO CERTAME DO CONCELLO DE VILALBA

–        XXXVI EDICIÓN –

 

En Vilalba, a dezaoito de agosto de dous mil dez, na Casa do Concello, reúnese o xurado da XXXVI edición do Certame Literario convocado polo Excmo. Concello de Vilalba, formado por:

DON JOSE MARÍA GARCÍA-LEIRA BOADO, Concelleiro de Cultura, Presidente.

DON DARÍO VILLANUEVA PRIETO, da Real Academia Española.

DON JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ ANDINA, Xefe territorial de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

DON FIDEL FERNÁN VELLO, Director do Grupo de Radio Principal.

E DON XULIO XIZ RAMIL, xornalista, que actúa como secretario.

Lidos os traballos presentados, acordan emiti-lo seguinte fallo:

PRIMERIO PREMIO, dotado con 3000 euros, flor natural e diploma, para o poemario “NA INTIMIDADE DO AZOUGUE”, presentado co lema “Serima no espello”, por PABLO BOUZA SUÁREZ, de Fene (A Coruña).

SEGUNDO PREMIO, dotado con 1000 euros, flor natural e diploma, para o poemario, “NOS LABIRINTOS DA ALMA”, presentado co lema “Anacronías da desesperación”, por MARTIÑO MASEDA LOZANO, de Vilalba.

As persoas premiadas deberán asistir persoalmente, ou mediante representante caso de resultarlles imposíbel á entrega de premios que se efectuará nun magno acto que terá lugar en Vilalba o día 30 de agosto, coincidindo co comezo das festas de San Ramón e Santa María  2010.