PREMIADOS do XLII Certame Literario

Publicado: Martes 23 Agosto 2016
Area: Cultura Eventos

Certamen LiterarioXLII Certame Literario que se celebrará o día 30 de agosto, cos seguintes actos:

Ás 19:30h , na Casa da Cultura, imposición de bandas e medallas as Raiñas e Damas das Festas. A continuación sae a comitiva dende a Casa da Cultura ata o Auditorio Carmen Estévez Eguiagaray onde se fara o acto de clausura do XLII Certame Literario sendo mantenedor D. Alejandro Criado Fernández, doutor en Química.

PREMIADOS do XLII Certame Literario

Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, faise público os premiados no XLII Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba 2016.

PRIMEIRO PREMIO, dotado con 3000 euros, flor natural e diploma, para o poemario “TELÚRICA”, do que resultou ser autor Xosé Otero Canto de Lugo.

SEGUNDO PREMIO, dotado con 1000 euros, flor natural e diploma, para o poemario, “SONETOS PREPOSICIONAIS”, presentado co lema UN ANACO DE VIDA EN CATORCE VERSOS por Maria José Lamas Fernández de Vilalba.