Pravarel Dúo

Publicado: Xoves 14 Xullo 2016
Area: Cultura Eventos

Pravarel dúo0Concerto ao aire libre de “Pravarel”, o dúo formado por Marta Prado (percusión) e Alfredo Varela (trompa), amenizarán a tarde do próximo mércores 20 de xullo na Rúa Basanta Silva ás 20.00h.

Tocarán un variado programa de trompa e diferentes instrumentos de percusión, como unha Rapsodia de B. Bodine con fanfarrias e temas de Jazz, unha peza que mestura a trompa natural co vibráfono en forma de swing chamada Conversas de J. Rentería, entre outras.

 Para todos os públicos.