Convocatoria de postos de traballo do Plan Emprega

Publicado: Luns 31 Xaneiro 2011
Area:

O CONCELLO CONVOCA 27 POSTOS DE TRABALLO A TRAVÉS DO PLAN EMPREGA QUE FINANCIA A DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

A partir do día 1 de febreiro pódese presentar solicitude ante o Concello de Vilalba para participar no proceso selectivo para cubrir 27 postos de traballo temporais, que financia a Diputación Provincial de Lugo a través do Plan Emprega.

Os postos de traballo desglósanse do seguinte xeito:

  • 23 peóns de obras públicas. 1 praza reservada a minusválidos.
  • 1 capataz de obras públicas.
  • 3 conductores de camión, e manexo de pala mixta.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Instancia cuberta.
  • Fotocopia de D.N.I. e tarxeta de demanda de emprego.

PROBAS DE SELECCIÓN:

  • Data: 16/02/2011
  • Hora: 16:30
  • Lugar: I.E.S. Basanta Silva. Rúa Estudiante, s/n.

DOCUMENTACIÓN PARA DESCARGAR (Formato PDF)