‘Peter Punk’ en Vilalba

Publicado: Martes 27 Agosto 2013
Area: Cultura Eventos

O vindeiro mércores 28 de agosto vai chegar a Vilalba a actividade de dinamización lingüística ‘Peter Punk’, que se está a desenvolver dentro da programación estival da Rede de Dinamización Lingüística, á que pertence o concello de Vilalba, no marco das festas locais.

A actividade terá lugar ás 18.00h da tarde na Praza da Constitución, no caso de choiva a actividade trasladarase ao Auditorio Carmen Estévez.