Paxes para Cabalgata 2018

Publicado: Venres 15 Decembro 2017
Area: Cultura Eventos

Todos aqueles nenos e nenas que queiran participar na Cabalgata dos Reis Magos como paxes o venres 5 de xaneiro, deberán cubrir unha solicitude na oficina de cultura.

 

Por motivos de seguridade, todos os nenos participantes irán a pé, ata esgotar o número de traxes disponibles.

Poden inscribirse a partir do luns 18 de decembro ata cubrir prazas, en horario de 9.00h a 14.00h.

Idade mínima para participar 5 anos.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada.