Paxes para Cabalgata 2017

Publicado: Venres 2 Decembro 2016
Area: Cultura Eventos

cartel-paxesTodos aqueles nenos e nenas que queiran participar na Cabalgata dos Reis Magos como paxes o xoves 5 de xaneiro, deberán cubrir unha solicitude na oficina de cultura.

Poden inscribirse a partir do martes 20 de decembro ata cubrir prazas, en horario de 9.00h a 15.00h.

Idade mínima para participar  4 anos.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada, e son as seguintes:

Paxes Reais: 3 prazas a cubrir , nenos de 9 a 11 anos, incluídos

Paxes en carroza de regalos: 8 prazas a cubrir, de 4 anos a 7 anos, incluídos.

Por motivos de seguridade este ano vense reducidas as prazas nas carrozas, o resto de nenos que queiran participar poderán ir a pé con antorcha, ata esgotar o número de traxes disponibles.