Paxes para Cabalgata 2016

Publicado: Venres 4 Decembro 2015
Area: Cultura

SKMBT_C22015112509410Todos aqueles nenos e nenas que queiran participar na Cabalgata dos Reis Magos como paxes o martes 5 de xaneiro, deberán cubrir unha solicitude na oficina de cultura.

Prazo de inscrición aberto desde o mércores 9 ata o venres 18 de decembro de 2015 en horario de 9.00h a 15.00h.

Idade para participar, de 4 anos en diante.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada, e son as seguintes:

Paxes Reais: 3 prazas a cubrir , nenos de 9 a 11 anos, incluídos

Paxes en carrozas: 24 prazas a cubrir, de 4 anos a 7 anos, incluídos.

Paxes a pé con antorcha: 18 prazas a cubrir, nenos de 8 anos a 12 anos, incluídos.

Infórmase que tanto os traxes como as prazas existentes nas carrozas dos Reis Magos son limitados.