Panorama Kids, O Musical de este Nadal

Publicado: Martes 11 Novembro 2014
Area: Eventos

PANORAMA KIDS é un musical para toda a familia no que interveñen os 20 compoñentes da Orquesta Panorama , que interpretarán temas de carácter infantil, tanto actuais coma clásicos.
O argumento do espectáculo é de corte contemporáneo e está… baseado en situacións cotiás vividas pola popular orquestra, que mostrará a parte humana dos artistas. Para isto a Orquestra Panorama contará neste espectáculo coa colaboración dunha gran actriz galega recoñecida a nivel nacional, como é María Mera, protagonista de series como Matalobos (TVG), El Faro (Forta) ou Vive Cantando (Antena 3). Toda a música de Panorama Kids estará interpretada en directo polos músicos da orquestra, que interactuarán co público ao longo do espectáculo.
Panorama Kids é un espectáculo á altura do que se espera dunha orquestra como Panorama, caracterizada pola calidade e espectacularidade de todos os seus espectáculos, galas e actuacións. Os diferentes números e acrobacias aéreas e a delicadeza e vistosidade das diferentes coreografías fan de Panorama Kids un espectáculo diferente e novidoso.
DATA:
Sábado 13 de decembro
LUGAR:
Auditorio Municipal Carmen Estévez
HORARIOS:
1ª función: 17:00 h
2ª función: 19:30 h
PREZO:
10 € (+gastos)
VENDA DE ENTRADAS (exclusivamente en Servinova):
– Teléfono: 902 504 500
– Web: http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/musical/auditorio-municipal-carmen-estevez-vilalba/4344–panorama-kids.html