Outono.

Publicado: Xoves 25 Maio 2017
Area: Cultura Eventos

Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

Espectáculo que chega o auditorio Carme Estévez o vindeiro 3 de xuño ás 19h con entrada única de 5€.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 19:00h

Entradas prezo único: 5€

Público familiar. A  partir de 5 anos.

Duración: 65 minutos.

As entradas xa están a venda online en Ataquilla.com, na Casa da Cultura no seu horario habitual, de luns a venres de 11h a 13h e de 17:30h a 21:00h. E sábados de 11h a 13h.

Na taquilla o día da actuación.