Os tres porquiños

Publicado: Luns 19 Decembro 2016
Area: Cultura

A compañía EducaTeatro Producións interpretará o vindeiro venres 23 de decembro ás 18.00h, unha adaptación do conto popular dos tres porquiños nunha peza dirixida ao público familiar con nenos a partir de 2 anos.

EducaTeatro Producciones está formado por un nutrido grupo de profesionais das artes escénicas e musicais co asesoramento de mestres e pedagógos de contrastada experiencia no terreo da educación.

Sinopse

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

Información de interese

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 18.00h

Entradas: 5€

As entradas xa se poden mercar na casa da cultura no seu horario habitual e en taquilla o propio día da actuación.

Público familiar con nenos/as a partir de 2 anos.

Duración: 50 minutos máis fotos cos protagonistas ao remate da función.