Os sons do vento que pasa

Publicado: Xoves 21 Agosto 2014
Area: Cultura Eventos

Concerto de fados en galego para público de todas as idades, que chegará a Vilalba o vindeiro mércores 27 de agosto ás 18.00h na Praza da Constitución.
As cantigas, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así  como de sedutores xogos de iluminación, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto os mozos coma os non tan mozos. Deste xeito, o espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á músicatradicional, sen nunca deixar de ser fado.
Esta actividade pertence ao programa de dinamización lingüística FalaRedes, organiza¬do pola  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da  Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O público en xeral poderá  gozar da música en galego a través dun coidado concerto no que Gonçalo  Guerreiro porá a voz e que Dani Pais enriquecerá coa súa participación dixital e  musical.
En caso de choiva celebrarase no auditorio Carmen Estévez.