Os primerios anos do Instituto

Publicado: Luns 25 Abril 2016
Area: Cultura Eventos

cartel ies expsosiNa sala de exposicións do Auditorio Carmen Estévez teremos a exposición “Os primerios anos do Instituto” do 22 de abril ao 9 de xullo.

A exposición fai un percorrido cronolóxico da actividade do Instituto entre 1966 e 1980. Consta dunha selección da documentación que se conserva nos arquivos do centro: cartas, actas de reunións, documentos oficiais, cualificacións, etc. Ademais mostrase a foto dos 1.103 primeiros alumnos e alumnas, desde o curso 1966-67 ao curso 1977-78. Complétase esta exposición con fotos de actividades realizadas no instituto, fotos de como era Vilalba na época, noticias de prensa e outras curiosidades.

Horario da exposición:

Luns a venres: 16:00h a 21:00h.

Sábados: 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h

Domingo: 11:00h a 14:00h