Os Bolechas, caravana Nadal solidaria.

Publicado: Luns 29 Decembro 2014
Area: Cultura Eventos

Os personaxes da coñecida serie da Televisión de Galicia viaxarán en caravana ata Vilalba. A familia ao completo, integrada polos seis irmáns e o seu can Chispa, acompañarán aos nenos e ás nenas nun Nadal sorprendente. Nesta ocasión, deixarán os seus habituais escenarios para trasladarse ás rúas.

A caravana está composta polo R4, unha carpa onde se poderán adquirir produtos dos Bolechas e o espectacular autobús de dúas plantas, onde os pequenos seguidores desta familia poderán gozar de multitude de iniciativas: xogos, cine, talleres de debuxo e de artes plásticas…

Todas as actividades serán libres e gratuítas.

A Caravana, patrocinada pola TVG e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, estará situada na Praza da Constitución de Vilalba o luns 29 de decembro de 12 h. a 14 h. e de 16 h. a 21 h.