Os Axóuxeres

Publicado: Mércores 28 Novembro 2012
Area: Cultura Deportes Eventos

A Consellería de Educación e Normalización Lingüística anima os pais e nais a levar os seus nenos de entre 3 e 6 anos aos Encontros Dixitais dos Axóuxeres.

Os  Axóuxeres son un acontecemento para a xente miúda da casa, lecer para toda a familia.Un espectáculo de música, de xogos e de palabras, sesións de cine pensadas para estas idades nas que os pequenos vivirán unha nova aventura con Pelouro, Roi, Moncho, Iria e todos os outros personaxes Dos axóuxeres 2012.

A actuación dos Axóuxeres Dixitais terá lugar no Centro Cultural Recreativo de Vilalba o xoves 6 de decembro ás 18.30h. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Para máis información dos Encontros e do resto de actividades que farán os  Axóuxeres, podedes consultar o seguinte enlace:

http://www.xunta.es/linguagalega/os_axouxeres_2012
Vide cantar, xogar  e rir cos Axóuxeres!.