Opera. Madama Butterfly.

Publicado: Mércores 15 Febreiro 2017
Area: Cultura Eventos

Unha vez máis podemos gozar en Vilalba doutra fantástica produción ofrecida pola Opera Company International Concerlírica. Nesta ocasión teremos a oportunidade de ver a famosa ópera de G. Puccini: Madama Butterfly. Para esta ópera, Puccini baseouse en dúas obras: a historia Madame Butterfly (1898) Luther Longo, e a novela Madame Chrysanthème. Exotismo, paixón, esperanzas e honra están presentes ao longo desta famosa e aclamada ópera composta por tres actos, e ambientada na cidade de Nagasaki no inicio do século XX.

Entradas anticipadas xa á venda na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, cun prezo de 12€, e ese mesmo día 6 de marzo, día da actuación, só estarán á venda en taquilla a un prezo de 15€. Para os  nenos menores de 12 anos a entrada é de 6€.

Data: Luns 6 de marzo de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20:30h

Entrada anticipada (do 16 de febreiro ao 5 de marzo) na Casa da Cultura : 12€

Entrada taquilla no Auditorio (6 de marzo): 15€