Ópera: Carmen de G.Bizet

Publicado: Venres 15 Novembro 2013
Area: Cultura Eventos

A ópera ‘Carmen’ de Bizet da compañía Operísima chega a Vilalba

A producción española-búlgara da ópera ‘Carmen’ de Bizet recala no Auditorio Carmen Estévez o vindeiro 23 de novembro da man da compañía ‘Operísima’, que conta con 120 integrantes entre protagonistas, coro, músicos e técnicos. Despois de ter actuado por medio mundo, a compañía española ‘Operísima’, en colaboración coa búlgara ‘Resser Opera Theatre”, atopase de xira por España e o sábado 23 de novembro, actuará no Auditorio Carmen Estévez  ás 20:30 horas.

O prezo das entradas:  anticipada 20€ e en taquilla 25€. Xa están a venda na casa da cultura, podendo recollelas alí no seu horario habitual.

“Carmen” fala de celos, ambición, poder e beleza.