Onde está o Mago Antón?

Publicado: Martes 22 Outubro 2013
Area: Cultura Eventos

Déixate cativar pola maxia do Mago Antón. Chega a Vilalba o Magomóbil, que estacionará na Praza da Constitución o vindeiro domingo 27, onde  podemos gozar dun espectáculo de maxia dirixido a todos os públicos de todas as idades.

As funcións no Magomobil serán:

Horarios:     18:00h       20:00h

                    19:00h       21:00h

 Para asistir como publico, terán que presentar a invitación, se carecen de ela poderán entrar igualmente ata completar o aforo do magomobil, que é de 60 persoas.

 As invitacións repartirás o propio Mago Antón o Domingo mentras fai microactuacións polo vila e podense recoller tamén na casa da cultura desde hoxe ata o sábado ás 13.30h.