OCUPACION/DISPOÑIBILIDADE PAVILLÓNS DEPORTIVOS

Publicado: Luns 13 Xaneiro 2014
Area: Deportes

Dende o servicio de deportes do Concello de Vilalba pretendemos, a través dos seguintes documentos,  dar a coñocer a dispoñiblidade horaria, ou no seu defecto a ocupación dos pavillóns:

– Municipal (Campo da Feira)

– CEIP Mato Vizoso

– CEIP Insua Bermúdez

Premendo no seguinte enlace poderedes consultar os horarios fixos que para toda a tempada 2013/14 teñen asignadas cada unha das actividades que se desenvolven nos distintos pavillóns: escolas deportivas, clubes, competicións locais, competicións federativas e alugueres.  (horarios_web)

PROCEDEMENTO DE ALUGER

Para todos/as os interesados en alugar algunha das instalacións, o primeiro paso é  acudir á oficina de deportes sita na segunda pranta do Concello de Vilalba, e unha vez autorizado o aluguer dende esta oficina, o segundo e último paso consistirá en aboar a tasa correspondente na tesorería da pranta baixa.

As taxas correspondentes por prestación dos servizos públicos das instalacións deportivas pódense consultar no seguinte enlace. (ORDENANZA – 33)