O señor das Dunas

Publicado: Mércores 11 Abril 2012
Area: Cultura Eventos

“O Señor das dunas”, representación que pertence ó programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

A obra componse dun espectáculo dirixido ó público familiar, no que se combina a animación con area, o teatro e a oralidade.

Todos os asistentes recibirán un libro que recolle cinco historias para que tamén eles se convertan en fontes de coñecemento e espallen a cultura e a lingua galega aos máis pequenos.

Terá lugar no auditorio Carmen Estévez o domingo 15 de abril ás 18.00h, con entrada de balde.