O Libro dos Contos

Publicado: Venres 28 Decembro 2012
Area: Cultura Eventos

O espectáculo infantil ‘O libro dos contos’ encherá de maxia e fantasía o Auditorio Carmen Estévez o venres 4 de xaneiro ás 18,30 horas, co obxectivo de “encantar” a pequenos e maiores con relatos tan coñecidos como ‘O Patito Feo’, ‘a Sirenita’ , ‘Carapuchiña vermella’,  entre outros.

O espectáculo está basado en 12 contos clásicos, con letra e música orixinal, no que unha princesa aburrida xunto cun bufón e o Libro dos Contos, relatarán  historias infantís que amenizarán ao público con música, baile e colorido.

As entradas serán a un prezo único de 12 euros .

Puntos de venda:  na Oficina de Cultura de 9h a 14h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, e no auditorio o mesmo día da actuación.

Para consultar o programa prema: diptico contos