O Crime da Legua Dereita

Publicado: Venres 11 Outubro 2013
Area: Cultura Eventos

A esperada longametraxe de “O Crime da Legua Dereita” xa ten datas de estrea, será no Auditorio Municipal de Vilalba o próximo sábado 19 de outubro ás 20.30h. A capital chairega é a elixida para comezar o tour que levara a Cool Films a percorrer toda Galicia mostrando por diferentes cidades e pobos esta longametraxe que se realizou con custo cero e se rodou soamente en tres días.

Con entrada gratuíta, ata completar aforo. Poderase recoller as entradas de balde na casa da cultura en horario de 11.00ha 13.00h e de 17.00h a 20.00h a partir do luns 14, e no auditorio o día da proxección.

Non recomendada para menores de 13 anos.

Sinopse.

 “O Crime Da Legua Dereita” causou unha grande expectación, non só a nivel provincial, senón tamén a nivel galego.
A historia que se conta na película, comeza cen anos despois, na zona onde hai cen anos aconteceu un tráxico asasinato (arráncoselle a pel de cara en vida a unha persoa para curar unha enferma de cancro pel, tal feito foi levado a cabo por un veciño da mesma aldea). Na mesma zona, unha serie de corpos de rapazas apareceron cos mesmos síntomas, unha parella de novos policías terán que ir en busca do asasino e pouco a pouco daranse conta que nada é o que parece.
A película foi rodada en lugares como Friol, Sarria, Lugo ou Vilalba.