Noites de Retranca

Publicado: Venres 16 Marzo 2012
Area: Cultura Eventos

Voltan as Noites de retranca a Vilalba. Despois do exito obtido na súa 1ª representación, volta o cuño de humor galego da man de Victor Fábregas, o Tucho dos Tonechos e Quico Cadaval.
Dúas horas de humor sen límites, dúas horas de retranca,o 24 de marzo, no auditorio Carmen estévez ás 20.00h con entrada única de 8€.

Unha cita que non deberias de perder.

As entradas estarán á venda desde o 19 de marzo ata o día da actuación, na oficina de cultura do concello de 09.00h a 15.00h, na Casa da Cultura de 11.00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h, e o día da actuación na taquilla.

Non recomendado para menores de 12 anos.