NOITEBOA

Publicado: Luns 9 Maio 2016
Area: Cultura Eventos

_NoiteboaO auditorio municipal Carmen Estévez acolle o espectáculo “Noiteboa”, traxicomedia producida por Redrum Teatro e subvencionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria através de AGADIC e coa colaboración do concello de Vilalba.

Sábado 21 de maio, ás 20.30h.

Entrada única: 8€

Reserva de entradas en noiteboateatro@gmail.com e venda en taquilla no auditorio unha hora antes da función.

Non recomendado para menores de 12 anos.

SINOPSE

Chega o Nadal a Compostela e con el os agasallos, as panxoliñas, as ceas en familia e o xa tradicional rapto do Neno Xesús da Praza do Obradoiro.

Ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví fará todo o posible para que durante unhas horas, Arturo, Nico e máis ela sexan unha familia de verdade.

REPARTO

Mariví – Mela Casal
Arturo – Ernesto Chao
Nico – Guillermo Carbajo

EQUIPO TÉCNICO

Dirección – Alex Sampayo
Texto – Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Espazo escénico – Suso Montero

Iluminación – Carlos Álvarez-Ossorio
Maquillaxe e Perruquería – Chicha Blanco
Produción e Distribución – Redrum Teatro
Duración aproximada – 75 minutos
Xénero – Traxicomedia