Moulin Rouge

Publicado: Mércores 19 Decembro 2012
Area: Cultura Eventos

Chega a Vilalba o musical máis visto da última década “Moulin Rouge”, en adaptación teatral e cunha selección para a xira internacional de 25 compoñentes con 20 artistas en escea, podendo presenciar en directo unha lenda viva do espectáculo universal ” Moulin Rouge”.

O espectáculo terá lugar o sábado 29 de decembro ás 20.30h. As entradas,  pódense adquirir anticipadamente a un prezo de 10€ e en taquilla a un prezo de 12€.

Puntos de venda:  na Oficina de Cultura de 9h a 14h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, e no auditorio o mesmo día da actuación.

*SINTESIS*
“Moulin Rouge” nunha posta escénica na que resalta a beleza
artística das súas escenografías, as variantes coreografías polos seus
integrantes, a interpretación dialogada do fío condutor de “Moulin
Rouge”; o luxo do vestiario da época e o seu argumento cheo de paixón no que Christian, un novo escritor inglés, envolvido en plena revolución bohemia no París de 1899, sería por casualidade do destino elixido como o autor dun novo espectáculo, no que se namora de Satine a primeira estrela, e pola que o Duque produtor financeiro, está disposto a todo con tal de posuíla, os enredos vanse sucedendo durante dúas horas dun espectáculo, visto por máis de 5 millóns de espectadores de todo o mundo, que incansables de presenciar esta xoia escénica se desprazan de todas as latitudes cada vez que teñen a ocasión de volver vivir con ela, toda o seu maxia e fantasía.

Directora:  Pilar de Vicente