Mostra de Repertorio de Danza Clásica

Publicado: Martes 2 Maio 2017
Area: Cultura

Mostra de Repertorio de Danza Clásica do Conservatorio de Danza de Lugo, que terá lugar no Auditorio Municipal Carmen Estévez, o xoves 4 de maio ás 20.30 horas, poderán verse fragmentos dos máis salientables ballets clásicos, dende “Lago dos cisnes” a “Raymonda”, pasando por “Bayadera” “A Bela durminte” ou “La fillè mal gardè”, entre outras.

A entrada é libre e de balde até completar o aforo.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Vilalba.

Pode consultar o programa en: Folleto danza 2017