Merlin

Publicado: Venres 14 Setembro 2012
Area: Cultura Eventos

A compañía Quinquilláns teatro presenta “Merlin” o domingo 23 de setembro, ás 19.00h no auditorio Carmen Estévez.

Con Merlin, os Quinquilláns indaga unha obra clásica da literatura artúrica, con todos os ingredientes, maxia, misterio, música, onde predomina o respeto a cultura e a natureza.

As entradas xa están a venda cun prezo único de 3€,  na Oficina de Cultura de 9h a 15h e na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h.

Podéndose adquirir tamén en taquilla o dia da actuación.

Para todos os públicos. Teatro familiar.

Máis información en: www. merlinteatro.com

Sinopse.

FURAVENTOS arriba a súa dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde, grazas ás mazás da inmortalidade, MERLÍN, MORGANA e o rei ARTUR levan vivindo mil cincocentos anos.

O noso intrépido FURAVENTOS terá que sortear moitos atrancos porque en Avalón nunca se sabe o que pode ocorrer.

O espectáculo MERLÍN é unha montaxe para gozar e compartir o noso entusiasmo polo teatro onde predomina o respecto á cultura e á natureza.

Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes desde hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mondred e por suposto Merlín, Morgana e o Rei Artur…

En MERLÍN combinamos a interpretación actoral con cancións, batallas, pequenas maxias e algún boneco que nos acompaña na nosa aventura por Avalón, a “Illa das mazás”.