“Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro

Publicado: Xoves 18 Agosto 2016
Area: Cultura Eventos

20agostoo“Merenda con pan de millo” é un espectáculo que nos ofrece temas de creación propia salferidos con versións de cancións tradicionais. Con estas cancións, nacidas da terra, da auga, do sol, do traballo e da alegría dos nosos avós, queren contribuír a difundir a inmensa riqueza cultural herdada dos nosos maiores, mediante o xogo e a diversión…”

Este sábado 20 de agosto ás 18.00h na área recereativa a Madalena, “Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro porá o broche final o programa verán activo 2016 organizado polo concello de Vilalba.

__ En caso de que choiva a actividade terá lugar no salón de actos do Centro Cultural de Vilalba.