Mellora das Infraestructuras e do Equipamento da Escola Infantil Municipal de Vilalba.

Publicado: Venres 24 Novembro 2017
Area: Eventos

O Concello de Vilalba foi beneficiario dunha subvención por importe de 8.552,85€ ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2017 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020).
A concesión desta axuda vai destinada aá adquisición e mellora do equipamento do centro, incluida a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo.