“Maté a un tipo”

Publicado: Martes 2 Novembro 2010
Area: Cultura

O Auditorio Carmen Estévez ofrece o 7 de novembro ás 20.30h a obra “Maté a un tipo” do autor arxentino Daniel Dalmaroni.

Humor negro do bon

Quen non sentiu verdadeiros desexos de matar o tipo que se demora horas diante de nós no caixeiro automático?. Encubrirías a túa parella ou a teu pai se che confesase que se converteu de repente nun atípico asasino en serie?. “Maté a un tipo”, é unha comedia negra que se converte en drama surrealista ata que un psicólogo empeza a afondar nas relacións desta familia de clase media onde o hábito de matar acaba por converterse nun auténtico vicio.Sergio Pazos e Tonino encabezan o reparto deste montaxe que dirixe Juan Codina. Completa o reparto Aisha Wizuete e Anais Yebra.Contando coa venda anticipada de entradas na Oficina de Cultura no horario de 09.00h a 15.00h, de luns a venres e polas tardes no Auditorio de 17.00h a 21.00h, o custo da entrada é único de 7€ .A obra non está recomendada para menores de 10 anos.Para máis información Dossier