Martín, Martín.

Publicado: Luns 3 Outubro 2016
Area: Cultura Eventos

cartel-circuito-deputaMartín, Martín é un divertido e intenso espectáculo de títeres dirixido ao público infantil e familiar, que conta como un neno, inmerso no moderno mundo tecnolóxico, entra en contacto con outro eixo de sentir e de facer, o da súa avoa Margarita. Ela é quen de amosarlle o valor da creatividade a través da atención e do traballo propio, regalándolle un lápiz moi especial. Neste espectáculo no que se conxugan actores e monicreques a man espida, o uso de obxectos moi sinxelos danlle ao espectáculo un carácter poético e sutil, cunha forte carga metafórica que desenvolve unha interesante galería de arquetipos actuais.

Data: Sábado 22 de Outubro

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 18:00h

Entrada de balde

Público Infantil-familiar