MALTRATADAS

Publicado: Martes 17 Novembro 2015
Area: Muller

CARTEL OBRA MALTRATADASO 25 de novembro, Día Internacional cotra a violencia de xénero, ás 20:45 h, no AUDITORIO MUNICIPAL, terá lugar a representación da obra teatral MALTRATADAS, da compañía MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS.

Trátase da historia de tres mulleres, Sara, Rosalía e Gema, tres mulleres, ben diferentes, ben semellantes…

O obxectivo da obra é poñer o foco na necesidade de comprender que a violencia de xénero, non é un problema de mulleres, é un problema de toda a sociedade. E é necesaria a implicación de todas e todos para poñerlle fin, dunha vez para sempre.

A entrada é gratuita e está recomendada para maiores de 14 anos.