Luar:Na:Lubre en concerto

Publicado: Martes 3 Outubro 2017
Area: Cultura Eventos

Luar na Lubre presenta “XXX aniversario” en Vilalba o venres 17 de novembro.

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, celebra a súa longa traxectoria cun CD recopilatorio. Non é un recopilatorio tradicional, senón que vai máis alá e aporta unha colección diferente de temas “escondidos”, de tesouros “non habituais” pero non por iso menos sorprendentes que os seus grandes clásicos.

Data: 17 de novembro de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20:30h

Entradas: anticipada15€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura) – taquilla 18€.

Para todos os públicos.