Los Muertos Van Deprisa

Publicado: Venres 14 Setembro 2012
Area: Cultura Eventos

O sábado 22 de setembro no auditorio Carmen Estévez temos a proxección da comedia cinematográfica “Los muertos van deprisa”,  do director ganador de 3 premios Goya Angel de la Cruz. “Los muertos van deprisa”,  é a longametraxe máis premiada do cine galego, con 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Película apta para todos os públicos, que terá lugar ás 19.30h, con entrada de balde.

Sinopse

Irene (Neus Asensi) é unha camioneira que chega a pequena vila mariñeira de Fariño do Mar coa intención de adquirir marisco. O seu camión queda atrancado no interior do pobo, entre un monumento surrealista e a porta do cemiterio, xusto o día en que os fariñenses van dar o seu último adeus a Cándido, vello mariñeiro e artista local do pobo, ademais de pai do Filomeno (Chete Lera), patrón maior da cofradía de mariscadores do Fariño. O acontecemento impide celebrar as honras fúnebres mentres as vellas rencillas entre uns e outros se acentuarán enredando a tranquila vida do pobo.

Dirección e guión: Ángel de la Cruz.
Duración:
104 min.
Xénero: Comedia.
Interpretación: Chete Lera (Filomeno), Neus Asensi (Irene), Manuel Manquiña (Jerónimo), Belén Constenla (Venancia), María Castro (María), Sergio Bermúdez (César), Xosé Manuel Olveira (Ramón), Rosa Álvarez (Carmiña), Gonzalo Uriarte (Fermín), Antonio Durán (don Daniel).
Producción executiva: Ángel de la Cruz e Manuel Cristóbal.
Música: Arturo Kress.
Fotografía:
Suso Bello.
Montaxe: Mercedes Alted.
Dirección artística: Marta Villar.
Vestuario: Saturna.