Leo Harlem y Sergio Olalla

Publicado: Venres 19 Decembro 2014
Area: Cultura Eventos

ENTRADAS ESGOTADAS. AFORO COMPLETO.

#Trending (tendencia, recomendación) Tronching (que morrerás de risa). Estas son as dúas premisas coas que nace #Trendingtronching, o último espectáculo de cómicos que presentarán Leo Harlem e Sergio Olalla o próximo 8 de febreiro, ás 18.30h, no auditorio Carmen Estévez.

#Trendingtronching é máis ca un espectáculo de humor. É unha forma de ver e entender a vida que nos mostra a  eterna loita entre o clásico e o moderno,
o eterno  e o pasaxeiro. A través dos seus monólogos e gags. Os dous humoristas farannos reflexionar acerca do que fomos, o que somos e o que podemos chegar a ser. Ambos os dous forman unha parella formidable, capaz de facer rir a gargalladas ao público, como xa demostraron en espectáculos anteriores.

Venda de entradas en ticketea.com e na casa da cultura no seu horario habitual. Prezo único 15€.